De 8 a 10 anos (Verde)
Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enrede que ten lugar durante a noite do Samaín.
Unha novela disparatada, exeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!
5º-6º Primaria