Unha nova dimensión / Anxo Iglesias
por Iglesias, Anxo (1967-) [autor/a]
; Montes, María [ilustrador/a]
; "Tictac": Bruno Casal e Simón Casal [músico/a]
.
Tipo: 
Este rexistro ten moitos ítems físicos (61). Faga clic aquí para velos todos.
Premio Merlín 2022.
A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!
Trátase dun poemario narrativo que vai dando conta das sucesivas dimesións. Do punto, á liña, da liña ao plano, do plano ao volume, do volume ao tempo, do tempo á poesía.
Os poemas son moi variados e están cheos de propostas lúdicas para o lector ou lectora baseadas nos xogos coa linguaxe e na experimentación formal.
5º-6º Primaria