Unha gran sorpresa / Daniela Kulot
por Kulot, Daniela [autor/a]
; Kulot, Daniela [ilustrador/a]
; Nicolás, Iago [tradutor/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Zalaeta Sala préstamo | 82-3 KUL gra | 1 | Prestado | 14/04/2025 | CEC190000003756 |
|
O título deste libro de Daniela Kulot xa anticipa un desenlace que esperta a curiosidade das lectoras e dos lectores desde a primeira páxina, cando se formula un enigma do que os máis pequenos da casa parecen ser cómplices. A participación de Croquila e Rafolo reflicte o protagonismo da infancia nun fogar onde os afectos e as emocións están por enriba dos agasallos materiais.
O que podería ser un día calquera convértese nunha emocionante aventura para a familia de Xirafa e Crocodilo. Unha misteriosa corda traza o camiño dunha viaxe que conclúe con «Unha gran sorpresa».
Atravesando o río, escalando montañas, sobrevoando a cidade e atravesando as súas rúas, non só irán saudando diversos veciños -o pato, a marmota, o merlo…- que van sumándose á excursión, senón que tamén vivirán novas experiencias e practicarán destrezas nas que os maiores axudan aos pequenos a desenvolverse.