O comedor da avoa / Luisa Hurtado
por RodriÌguez, Manuela; Hurtado, Pilar; Rivera, Luisa; Hurtado, Pilar (1966-) [autor/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Zalaeta Sala préstamo | 82-3 HUR com | 1 | Dispoñible | CEC190000003567 |
|
Título orixinal: El comedor de la abuela.
O texto de Pilar Hurtado, que literariamente remite ao realismo máxico, marida coas ilustracións de Luisa Rivera: os seus tons cálidos remítennos á proximidade do fogar, arredor do colorido dos ingredientes, e as súas paisaxes -con sorprendentes metáforas visuais- son escenarios intensamente vívidos.
O relato dunha tradición familiar, o tránsito dende a infancia e a adolescencia ao estadio adulto, e sobre todo, unha viaxe polo mundo e a gastronomía representativa de diversas culturas.
«O comedor da avoa» é unha historia que estimula os sentidos: os pratos entran pola vista, envolven cos seus aromas, espertan o apetito… e ademais deixan unha pegada imborrable na memoria emotiva, como lles ocorre aos protagonistas. Dende a súa mirada infantil, non comprenden o efecto pracenteiro que causan nos maiores os manxares que cociña a matriarca da casa. Co tempo descubrirán que a súa comida ten a capacidade de transportalos mentalmente no espazo e mesmo facerlles perder a noción do tempo. Dende a fideuá do Mediterráneo ou o ceviche do Perú, ata o polo ao curry da India ou as enchiladas mexicanas, pasando polo ramen do Xapón ou o risotto italiano, entre outras especialidades culinarias. Un libro que resalta o valor de reunirse e compartir arredor da mesa; o acto de comer como unha experiencia para gozar. Un glosario final explica aspectos informativos sobre as elaboracións, anécdotas ou variedades de cada receita.
3º-4º Primaria